SEGUNDA REPÚBLICA E GUERRA CIVIL

| No Comments | No TrackBacks

Son apuntamentos extraídos do libro Historia 2ºBac. (ver referencia no post Transformacións socioeconómicas na España liberal).

1. A SEGUNDA REPÚBLICA.

1.1. A proclamación da República.

Proclámase en abril de 1931 tras as eleccións convocadas polo almirante Aznar (ver tema 6, páx.: 307 -libro-), incluso antes de coñecerse os resultados das eleccións. O primeiro concello en facelo foi Eibar (Gipúscoa), e a noticia espallouse rapidamente grazas as liñas telegráficas. En Galicia a candidatura republicano-socialista triunfou nas cidades onde máis activas eran as forzas obreiras e republicanas.

Mentres, en Barcelona Companys proclama a república dende o Concello. Pouco despois, Maciá, facéndose eco da ideoloxía nacionalista, proclamaba dende a Deputación a República catalá o Estado catalán como un dos integrantes da Federación Ibérica e invitaba aos demais pobos de España a unirse á federación.

En Madrid, ante a pasividade das forzas monárquicas e contando co apoio popular o comité da coalición republicano-socialista fíxose co poder sen derramamento de sangue. Ante esta situación, Afonso XIII optou por abandoar o país aconsellado polos seus ministros.

O Goberno provisional deseñado no Pacto de San Sebastián (ver tema 6, páx.: 306-libro-) asume o poder a mesma noite da proclamación da república (14 de abril). Entre as súas actuacións hai que destacar:

      ·Nomeamento de Niceto Alcalá Zamora como presidente do Goberno.

      ·Decreto de amnistía xeral.

      ·Proclamación das liberdades públicas e sindicais.

      ·Iníciase a planificación das grandes reformas.

O primeiro problema que deben sufocar é a proclamación do Estado catalán. O que fixera Cataluña transgredía o Pacto de San Sebastián (establecía que as Cortes debían ser as que decidisen sobre o novo modelo de Estado). O 17 viaxaron a Barcelona varios ministros. Estes acordaron con Maciá un programa que aceleraría a autonomía catalá e que incluía o recoñecemento dun órgano de goberno autónomo (a Generalitat) e a ratificiación polas cortes dun estatuto elaborado polas forzas poíticas catalanistas e aprobado en referendum polo pobo catalán. A II República nacía co recoñecemento do dereito de autonomía das rexións españolas.

 

1.2. As forzas sociais e políticas na República.

A proclamación da II República dividiu á poboación española en dous bandos de apoio e de rexeitamento, xerando un forte ambiente de tensión, agravado por unha serie de factores adversos:

·Coxuntura internacional adversa derivada da crise provocada polo crac da Bolsa de Nova York en 1929 e a gran depresión. A econmía española foi unha das menos afectadas, pero aínda así produciuse un forte estancamento da produción e un incremento do desemprego, pois os países receptores de emigrantes españois, especialmente sudamérica, víronse moi afectados pola crise. Dese xeito, freouse a emigración e moitos retornaron. Ademais, en moitos países europeos, as solucións que se desenvolvían eran de carácter autoritario e fascista.

·Sociedade dividida e enfrontada tanto no mundo rural como no urbano. No campo (sobre todo no sur) existían fortes desequilibrios. Nas cidades aumentaron os grupos favorables ás reformas republicanas (clase media e proletariado), pero entre os que existían considerables diferencias ideolóxicas. Mentres, as clases tradicionalmente dominantes negáronse a aceptar reformas que limitasen os seus privilexios. As posicións intransixentes de tódolos grupos agravaron a loita de clases.

·Fragmentación e polarización[1] política. O papel asignado aos cidadáns pola República contribuíu á politización da vida cotiá e a aparición de multitude de partidos políticos. En liñas xerais pódense diferencias catro grandes grupos políticos e ideolóxicos:

IDEOLOXÍA

PROGRAMA BÁSICO

PARTIDARIOS

ORGANIZACIÓNS E PRINCIPAIS DIRIXENTES.

Autoritarios

·Non aceptación da legalidade republicana.

·Antimarxismo.

·Defenden:

   -Unidade da patria.

   -Orde social.

   -Catolicismo.

·Oligarquía terratenente.

·Alta burguesía financieira e industrial.

·Fascistas:

-Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)

-Falanxe Española. Líder: Xosé Antonio Primo de Rivera.

(Unidas como FE-JONS -1934)

·Monárquicos:

-Comuñón Tradicionalista (carlistas)

-Renovación Española. L.: Calvo Sotelo.

Dereitas

·Visión cristiá da vida.

·Defenden:

-Dereitos da igrexa.

-Propiedade privada.

-Orde tradicional.

·Pequenos e medianos propietarios agrarios.

·Burgueses urbanos

-Partido Agrario.

-Acción Popular, base da CEDA (Confederación Española das Dereitas Autónomas -1933). L.: Gil Robles.

-Liga Catalana (desde 1933)

-Partido Nacionalista Vasco.

-Organizacións sindicais católicas.

Republicanos

·Defensa da república como forma de Estado.

·Laicismo.

·Reformismo en distintos graos.

·Pequena burguesía.

·Clases medias urbanas.

·Moitos intelectuais de considerable influencia.

·De dereitas:

-Dereita Liberal Republicana. Alcalá Zamora.

·Centrodereita:

-Partido Republicano Radical. Lerroux.

·Esquerda:

-Acción Republicana. Azaña.

-Partido Republicano Radical Socialista. Marcelino Domingo.

-Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Casares Quiroga.

-Esquerda Republicana de Cataluña. Francismo Maciá, Luis Companys.  

Esquerdas

·Defensa dos intereses do proletariado e dos xornaleiros.

·Abolición da propiedade privada e das diferenzas de clase.

·Oscilan entre o apoio e a oposición ao goberno.

·Paridarios da revolución.

·Obreiros industriais.

·Xornaleiros agrícolas.

·Socialistas:

-Partido Socialista Obreiro Español.

-Unión Xeral de Traballadores. Largo Caballero, Indalecio Prieto

·Comunistas:

-Partido Comunista de España. Dores Ibárruri (La Pasionaria)

·Anarquistas:

-Federación Anarquista Ibérica. Durruti.

-Confederación Nacional do Traballo.

 

1.3. O Bienio Reformista (abril-31; novembro-33)

O Goberno provisional tiña como obxectivo prioritario convocar eleccións a Cortes constituíntes. Estas foron celebradas en xuño e a alianza republicano-socialista foi a clara vencedora, polo que o Goberno non se modificou. Neste periódo realizáronse importantes reformas, polo que os historiadores o coñecen como Bienio Reformista (tamén chamado Bienio Republicanosocialista).

 

a) A Constitución de 1931.

Inicialmente, as Cortes elixiron como presidente a Julián Besteiro, refrendaron os decretos elaborados polo Goberno provisional e crearon unha comisión para a redacción dunha constitución.

A Constitución de 1931 foi cualificada como democrática, reformista e de esquerdas, e é unha das máis progresistas da nosa historia. Nela definíanse as bases do sistema republicano e o novo concepto de Estado e da organización territorial de España:

·Soberanía popular. A fórmula de goberno establecida foi a república parlamentaria. As Cortes eran unicamerais, controlaban o poder lexislativo e os orzamentos do Goberno. O presidente da República era elixido polos deputados para un mandato de seis anos. Podía:

-nomear e cesar ó presidente do Goberno sempre que contase coa confianza das Cortes.

-suspender e disolver ás Cortes (só dúas veces no seu mandato).

En caso de emprego abusivo do seu poder podía ser destituído polas Cortes.

O presidente do Goberno e os seus ministros exercían o poder executivo e eran responsables ante as Cortes. Para gobernar necesitaban tanto a confianza parlamentaria como a do presidente da República (sistema de desconfianzas).

·Dereitos individuais. Ademais de recoller os dereitos e lierdades clásicos, a nova constitución incorporaba os de:

                  -libre asociación, reunión e sindicación.

                  -dereitos sociais relativos á familia, educación e traballo.

      ·Laicismo.

·Autonomía dos municipios e rexións. A Constitución definía España como un Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e rexións. Era esta unha fórmula ambigua coa que se pretendía manter unha posición equidistante entre o Estado federal e o unitario, e satisfacer así as demandas dos nacionalismos periféricos.

·Economía mixta. O sistema económico combinaba o dereito de propiedade privada (a pesar de que podía ser expropiada con indemnización - reforma agraria) co intervencionismo do Estado en asuntos económicos (tanto na produción como nas relacións laborais). Isto provocou a oposición das dereitas, dos propietarios e dos industriais; ademais, os sectores máis radicais do movemento obreiro non se conformaron).

Os debates parlamentarios que orixinou esta Constitución tiveron un importante eco na opinión pública. Pero o proxecto constitucional foi discutido en menos de catro meses. O 9 de decembro de 1931 sometíase a votación; foi aprobada sen ningún voto en contra, pero cun gran número de ausencias, debido ao Art. 26[2], que regulaba as relacións entre Igrexa e Estado. A dereita valeuse de que a Constitución non fora ratificada en referendo para rexeitala.

A Constitución definía España como unha república de traballadores de toda clase co que se pretendía contentar as demandas republicanas e socialistas.

 

b) O goberno de Azaña e as grandes reformas da República.

Xa aprobada a Constitución, nomeouse a Alcalá Zamora presidente da República e a Azaña presidente do Goberno.

Iníciase así o período inicial da II República, caracterizado pola súa profunda actividade reformista a través de leis innovadoras (moitas elaboradas xa polo Goberno provisional) que pretendían democratizar a vida política española[3] e mellorar o nivel de vida das clases máis desfavorecidas.

Os grupos dominantes vían afectados os seus intereses con estas leis, o que orixinou unha forte oposición aos cambios. Ao mesmo tempo, as forzas políticas de dereitas reorganízanse.

Respecto dos cambios levados a cabo polo goberno de Azaña, hai que destacar:

·A cuestión relixiosa. No momento no que se proclama a República, a xerarquía eclesiástica presentaba un carácter fortemente conservador e non estaba disposta a perder o dominio cultural, ideolóxico e social que ostentaba dende había séculos. Pero, ao mesmo tempo, convivía en España unha corrente claramente anticlerical (moi presente nos partidos republicanos e nos sindicatos de esquerdas) que se manifestaba mediante atentados violentos a igrexas e conventos.

O goberno de Azaña levou a cabo distintas medidas para a secularización do Estado:

-separou a Igrexa do Estado.

-excindíu o orzamento do clero (vixente dende o Concordato de 1851)

-estableceu a liberdade de cultos.

-secularizou os cemiterios.

-instaurou o matrimonio civil e o divorcio.

-impuxo determinadas limitacións á Igrexa (necesidade de autorización para manifestacións relixiosas públicas, prohibición de ensinar e realizar actividades económicas, disolución dos xesuítas...)

·A reforma do exército. No ano de instauración da República, o exército presentaba graves deficiencias estructurais (exceso de oficiais, arcaica distribución de unidades...) e de equipamento. Múltiples dificultades impedíran a modernización do exército, unha necesidade especialmente obvia dende o 89. Azaña emprendeu persoalmente a reforma do exército con tres obxectivos:

                        -eliminar o poder político dos militares.

                        -reducir o número de oficiais, corpos e unidades.

                        -aumentar a eficacia.

Así formouse a Lei Azaña, dentro da que destacan as seguintes medidas:

                        -esixencia de que todos os mandos xurasen fidelidade á República.

                        -supresión da Lei de xurisdicións de 1906 (ver tema 6; páx.: 287 -libro-).

-dereito de retiros: os oficiais podían pasar á reserva ou retirarse co soldo íntegro.

-reorganización xeral das unidades do exército.

-supresión da Academia Militar de Zaragoza[4] para reducir a promoción de militares; xa había unha en Toledo.

Estas reformas orixinaron malestar entre algúns sectores do exército, nalgúns casos por motivos persoais. O malestar estaba relacionado co proceso de creación de autonomías, o que interpretaban como o inicio da desintegración da patria.

Para garantirse a lealdade dunha forza armada, a República creou a Garda de Asalto, unha policía nacional republicana que debía controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades (hai que lembrar que existía xa a Garda Civil, favorable ás dereitas).

·A reforma agraria. España seguía a ser un país principalmente agrícola. Ademais, case a metade da poboación agrícola eran campesiños sen terras, pequenos propietario e arrendatarios con explotacións tan reducidas que non servían para subsistir. Dende as desamortizacións do s.XIX (ver tema 7; páx.: 4 -apuntes-) case non se experimentaran cambios na propiedade da terra. Deste xeito aumentara notablemente o proletariado rural, sendo especialmente duras as condicións dos xornaleiros andaluces e extremeños.

Ademais da obvia oposición dos propietarios latifundistas, non había un acordo claro entre socialistas e republicanos. Mentres que os primeiros propuñan a explotación colectiva da terra, os segundos pretendían fomentar a pequena propiedade e o aumento da produtividade mediante o reparto das terras.

Para aliviar a pobreza dalgunhas rexións campesiñas, o Goberno provisional xa tomara unha serie de medidas, levadas a cabo polo ministerio do Traballo (socialista Largo Caballero):

-Decreto de termos municipais: patróns obrigados a contratar obreiros residentes no concello (rematar coa contratación de obreiros doutras zonas cando os da rexión estaban en folga).

-Decreto de laboreo forzoso: patróns obrigados a cultivar as terras.

-prolongación automática dos contratos de arrendamento agrario.

-os xurados mixtos, herdeiros dos comités paritarios da ditadura de Primo (ver tema 6; páx.: 303 -libro-) debían resolver os problemas entre patróns e obreiros, sobre todo en asuntos salariais.

-establecemento da xornada de oito horas que xa se implantara na industria.

-protección aos traballadores: seguro de accidentes, de retiro, de maternidade...

Tras un proceso moi lento e complexo, en 1932 foi aprobada a Lei de bases da reforma agraria, que autorizaba a expropiación, previa indemnización, de terras concedidas en usufructo aos campesiños asentados nelas. Tamén foi aprobaba a Lei de intensificación de cultivos, que permitía a cesión aos xornaleiros de terras non cultivadas polos propietarios.

Para a aplicación desta lei foi creado o Instituto de Reforma Agraria (IRA). Sen embargo, a reforma foi moi lenta debido a:

                        -complexidade da lei.

                        -falta de recursos financieiros.

-oposición frontal dos propietarios agrícolas (unidos na Agrupación Nacional de Propietarios de Fincas Rústicas).

·A reforma educativa. A intensa actividade educativa que desenvolveu o goberno de Azaña ía destinada a:

                        -diminuír as elevadas taxas de analfabetismo.

<

No TrackBacks

TrackBack URL: http://naovg.zonalibre.org/cgi-bin/mt-tb.cgi/14718

Leave a comment

About this Entry

This page contains a single entry by nvergara published on May 3, 2009 10:17 PM.

TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS NA ESPAÑA LIBERAL was the previous entry in this blog.

EL PERRO DE LOS ZARES is the next entry in this blog.

Find recent content on the main index or look in the archives to find all content.