Son apuntamentos para a asignatura de Historia de España. Foron extraídos do libro de texto Historia 2ºBacharelato, de X.Alfeirán Rguez.,A.Brea Pedreira,A.Romero Masiá,Ed.:Consorcio Editorial Galego, pero resumidos e aclarados segundo a información obtida nas clases. Están en galego; proximamente traducireinos ao castelán.
1. ATRASO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.
Desde mediados do s. XVIII iníciase a Revolución Industrial en Inglaterra. Neste país orixínase un forte crecemento económico baseado na:
·Renovación agraria.
·Mecanización da producción artesanal.
·Extensión de novos sistemas de produción fabril.
Esténdese por toda Europa, dando orixe a un novo sistema: o capitalismo industrial e financieiro.
En España os progresos foron moi inferiores aos de outros países. Por iso algúns entendidos falan de "fracaso da revolución industrial" ou, cando menos, da persistencia do subdesenvolvemento agrícola e do escaso desenvolvemento fabril.
O proceso industrial español do período liberal caracterízase por:
·Predominio das actividades do sector primario.
·Protección arancelaria (defender o produc. nacional da competencia estranxeira)
·Dependencia extranxeira en equipamento, investimentos de capitais e innovacións técnicas.
·Forte desequilibrio territorial e rexional entre zonas atrasadas e focos desenvolvidos.
Outros falan dun "patrón latino de modernización" pola coincidencia con outros países mediterráneos (Italia, Portugal). Está caracterizado por:
·Lentitude e tardanza nas modernizacións.
·Menos profundidade e repercusión social.
·Desfase evolutivo (crecemento do s. XIX retrasado; recuperación no XX interrompida pola Guerra Civil -España-)
1.1. Bases e dificultades do desenvolvemento económico.
a) Liberalismo económico e capitalismo en España.
Os principios do liberalismo económico, establecidos por Adam Smith e David Ricardo baseábanse:
·Non intervención estatal nas actividades económicas, exclusivas de particulares.
·Liberade económica absoluta baseada no xogo de oferta e demanda.
·A man de obra é unha mercadoría polo que se somete ás leis da oferta e da demanda.
·Para obter maiores beneficios recoméndase:
-desregulamentanse as relaciós laborais (supresión dos gremios)
-división das tarefas.
-mecanización nas fábricas.
-constante renovación das técnicas productivas.
·O capital (factor clave) debe ser empregado para obter beneficios continuos (reinvestimento).
En España mediante o liberalismo modificouse a lexislación económica do Antigo Réxime. Facilitouse a liberdade económica e o desenvolvemento capitalista mediante a elaboración de novas leis.
Iniciuse nas Cortes de Cádiz (1812) e foi continuada porlos liberais progresistas (anlternada en períodos curtos entre o 1836 e o 1874, cando se establece a I República).
Sen embargo, o capital foi considerado máis un factor de predominio social que de investimento económico debido ao mantemento da mentalidade tradicional na maioría dos grupos dominantes (gastan as fortunas en ostentación e en terras).
Mentres, o principio de liberade de mercado foi obxecto de debate, sendo aceptado para o mercado interior, pero oscilando no mercado exterior entre o librecambismo e o proteccionismo. O sector empresarial pediu o establecemento de medidas proteccionistas. Agás en breves períodos, a lexislación arancelaria foi proteccionista. Os economistas e historiadores valoraron isto de distinto xeito: para algúns, o desenvolvemento industrial en España foi posible grazas a intervención estatal; para outros, isto provocou que España non puidese competir con outras mercadorías estranxeiras.
b) Dificultades e limitacións do desenvolvemento.
O proceso de ronovación agrícola, industrial e comercial foi débil e moderado por distintos factores:
·Obstáculos físicos e naturais (ríos pouco navegables, montañas...) que dificultan a explotación dos recursos e elevan o prezo dos productos.
·Escasas transformacións nos sistemas agrarios. Mantense unha agricultura tradicional necesitada dunha gran man de obra e que emprega sistemas de cultivo con baixa productividade por causa de:
-escasa modernización técnica.
-mantemento da mentalidade tradicional da oligarquía terratenente.
Por iso, a agricultura non puido actuar como motor da modernización económica como sucedera noutros países europeos.
·Reducida a capacidade de consumo do mercado interior debido aos baixos ingresos das clases productoras (campesiños e obreiros) que limitaban a súa capacidade de compra e, dese xeito, os niveis de producción.
·Falta de competitividade dos produtos españois debido aos elevados prezos, resultado dos altos custos de produción e transporte. Por iso desenvólvense as políticas proteccionistas.
·Despreocupación polas innovacións técnicas por parte das clases altas, que non invirten en educación nin en investigación. Mantéñense altas taxas de analfaetismo e a dependencia da tecnoloxía estranxeira.
·Escaseza de capitais e preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores (Bolsa ou débeda pública) por parte dos capitalistas españois. Predominio dos investimentos estranxeiros.
·Mentalidade dos empresarios que intentan asegurar os seus beneficios coa protección estatal en lugar de desenvolver innovacións para ser máis competitivos, e dos políticos quenes garanten aos primeiros o seu apoio legal.
c) Fases do desenvolvemento económico:
DATAS |
CARACTERÍSTICAS |
1830-1870 |
INICIOS DA INDSTRALIZACIÓN ·Reforma agraria liberal. Desamortizacións. ·Inicio da construción da rede ferroviaria. ·Inicio da formación do mercado interior. ·Individualización progresiva de distintas áreas de producción. ·Formación e asentamento do sistema bancario e financieiro. ·Crecemento moderado e con dificultades. |
1870-1890 |
RALENTIZACIÓN E ESTANCAMENTO ·Caída dos prezos agrícolas (apertura do mercado mundial; prudutos máis competitivos) ·Emigración campesiña (cidades e América) ·España é exportadora de materias primas. ·Focos industriais principais: Cataluña e País Vasco. |
1890-1923 |
CRECEMENTO XERAL AÍNDA QUE DESIGUAL ·Proteccionismo estatal. ·Incremento das exportacións agrarias (I Guerra Mundial) ·Desenvolvemento maior da industria e maior diversificación. |
1.2. Principais actividades económicas.
a) Reforma agraria liberal e as desamortizacións.
As leis do Antigo Réxime sobre a propiedade da terra dificultaban o desenvolvemento de actividades agrícolas que producisen verdadeiros beneficios, para cambiar esta situación era preciso:
·Abolir o réxime señorial (o primeiro antecedente remóntase ás Cortes de Cádiz)
·Desamortizar as terras eclesiásticas e os bens comunais.
·Desvincular os morgados.
·Suprimir as servidumes colectivas e o décimo eclesiástico.
·Autorizar a liberdade de cultivos, de cerramentos de campos (antecedente: Consello da Mesta), e a libre compravenda de terras.
A reforma, iniciada nas Cortes de Cádiz e no Trienio Liberal, quedou anulada nas restauracións absolutistas. Sen embargo, a partir de 1833 triunfan os liberais, o que permite o asentamento das bases xurídicas que facilitarán a libre explotación da terra mediante criterios capitalistas (1836-1855).
Hai que destacar entre as medidas as desamortizacións que permitiron a poxa pública dos bens de mans mortas eclesiásticas de dos baldíos e terras de comúns e propios dos concellos. Era unha medida rexeitada pola Igrexa e polos absolutistas. O proceso foi moi longo, principalmente por dúas causas:
·O elevado número de bens afectados.
·As discrepancias políticas e ideolóxicas que provocaron avances e retrocesos.
En 1813 publicouse un decreto xeral de desamortización (Cortes de Cádiz) que afectaba aos bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos (aqueles que contaban con menos de 12 monxes), baldíos e terras dos concellos e parde do patrimonio da Coroa. Non tiveron unha longa vixencia debido á restauración do absolutismo. Volvéronse a poñer en práctica durante o Trienio Liberal (1820-1823), sendo novamente paralizadas.
Entre o 35 e o 55, no reinado de Sabela II e baixo o goberno dos liberais, estas medidas volveron a ser aplicadas. Hai que distinguir varias fases:
1835-1836. Desamortización eclesiástica de Mendizábal. Afectou ao clero regular[1]. Realizouse mediante dous decretos:
-de outrubro (1835): suprimía os mosteiros das ordes monacais, salvo as que prestaban servizos de auxilio.
-de febreiro (1836): decretaba a venda de tódolos bens raíces suprimidos.
Os obxectivos eran:
·Reformar o réxime de propiedade (os bens inmobiliarios pasan a ser posesión individual e privada).
·Obter recursos para costear os gastos do Estado (concretamente da Guerra Carlista).
·Reducir a débeda pública[2] para despois reformar o sistema tributario.
·Aumentar o apoio social á causa liberal, debilitando aos inimigos do liberalismo (clero e Igrexa).
1841. Desamortización eclesiástica de Espartero, que completa a de Mendizábal. O decreto de setembro declara nacionais os bens do clero secular[3], que son postos á venda.
*O proceso paralízase en 1844. Os gobernos moderados alcanzan un acordo co Vaticano (Concordato de 1851) polo que a Igrexa acepta as vendas realizadas, a cambio de que o Goberno se comprometese a soster economicamente ao clero e a considerar o catolicismo como relixión do Estado.
1855. Lei de Desamortizacións de Madoz (ministro de Facenda durante o Bienio progresista) ou Desamortización civil. Púñanse en venda os bens do Estado e dos concellos, o resto das posesións eclesiásticas (a pesar do Concordato). Esta lei foi a que provocou maiores cambios:
·Non só cambian os titulares da terra, senón que se produce un aumento da producción; os novos donos converten os prados e montes en campos de cultivo, aínda que sen introducir modernizacións.
·Agrávanse as condicións dos campesiños máis pobres que perden un importante complemento dos seus ingresos.
Os beneficios destináronse á construción do ferrocarril.
O 50% da terra cultivable púxose en venda nas desamortizacións. Os principais compradores foron a nobreza terratenente, o campesiñado rico, a burguesía comercial e administrativa... é dicil aqueles grupos que tiñan unha favorable situación económica. Con estas posesións buscábase, ademais do negocio, o aumento do prestixio social e do patrimonio.
No balance global da desamortización hai que mencionar:
PUNTO DE VISTA |
Político |
Socioeconómico |
CARACTERÍSTICAS |
Éxito: -Transformación do réxime de propiedade da terra. -Consolidación do réxime liberal. |
Maiores discrepancias: -Incremento dos latifundios agrarios, sen investir na súa modernización. -A pesar das reformas, o campesiñado pobre (xornaleiros) non puido acceder á propiedade da terra. -Desviación dos recursos financieiros; retraso da industralización por falta de investimentos. |
·Os afectados foron principalmente:
-A Igrexa, e, por extensión, os máis desfavorecidos, xa que por falta de ingresos suprimíronse moitas das actividades de auxilio social que realizaba esta.
-Os municipios, que perderon a súa principal fonte de ingresos coa desamortización dos propios.
-Os campesiños pobres e xornaleiros, cuxas condicións de vida empeoraron ao desaparecer as institucións de caridade da Igrexa e das terras comunais, que complementaban a súa economía.
-O patrimonio artístico e cultural da Igrexa, xa que moitos conventos e mosteiros, de peor venda, quedaron abandonados.
A desamortización tivo unhas características particulares en Galicia:
CAUSAS |
CONSECUENCIAS |
-Mantemento do sistema foral, que presentaba contratos de arrendamento de moi longa duración (Pragmática Perpetuación de Foros) do que se beneficiaba claramente a fidalguía, estamento que vivía das rendas du subarrendo das terras, coas que pagaba aos propietarios. Coas desamortizacións, eles pasan a ser os propietarios, polo que obteñen maiores beneficios, pero a situación real das terras non cambia. -Peculiar organización dos montes comunais. |
·O que se vende realmente é o dereito a percibir unhas rendas, xa que as terras estaban atadas polos contratos forais. ·Os concellos galegos non tiñan grandes propiedades, polo que a desamortización dos propios non tivo moita importancia. A maior parte destas terras estaba en man de asociacións veciñais. ·Non se alterou a organización do Antigo Réxime, nin a terra pasou a ser unha propiedade individual. Os novos propietarios foron a figalguía (ver causas). ·Grazas aos foros, os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra. Non será ata finais do XIX cando pola presión do movemento campesiño (agrarismo) se vaia obtendo a redención de foros, culminada en 1926 (Lei de redención de foros) |
b) Desigual evolución das agriculturas en España..
Como dicía antes, a pesar da nova lexislación liberal, a agricultura non se modernizou e mantivéronse os vellos sistemas de explotación agropecuaria (barbeito, escaso emprego de maquinaria e fertilizantes, necesidade de abundante man de obra, policultivo de subsistencia -nunhas zonas- combinado con monocultivo do cereal -noutras-, elevados custos de produción, escaseza de investimentos...). Todo isto ocasionou unha forte escaseza de competividade e rendibilidade. A raíz das mesmas, o Estado elaborou unha lexislación proteccionista, atrasando a renovación das técnicas agrícolas. Segundo a opinión de moitos historiadores, isto repercutiu negativamente na industria, pois a falta de modernización do sector primario non permitía a producción de excedentes que debían destinarse a obtención dos capitais que potenciarían o desenvolvemento industrial.
Dende finais do XIX e principios do XX, nestas circunstancias, as desigualdades naturais e sociais dunhas rexións a outras deron orixe a unha evolución agrícola moi dispar entre unhas zonas e outras. Hai que distinguir entre:
·Rexións especializadas nos cultivos con saída ao mercado internacional:
-Levante: cultivos fructícolas e hortícolas (cítricos, améndoas, pementón)
-Cataluña: produción de cavas espumosas (dominio do mercado interior)
-Cornixa cantábrica e Galicia: gando vacún e produción de leite.
-Andalucía: intensificación da produción de aceite de oliva e renovación dos cultivos vitícolas (viños e pasas).
Introducen algunhas innovacións (fertilizantes, sementes seleccionadas, avances técnicos e científicos e maquinaria).
·Zonas de estancamento da produción agropecuaria:
-Algunhas rexións de Galicia: manteñen o minifundismo de subsistencia.
-Castela e Aragón: mantense a especialización no cultivo extensivo de cereais.
Nesta época apareceu unha conflitividade agraria agravada nas épocas de dificultades (crises). As causas principais deste fenómeno foron:
·O mantemento do campesiñado arrendatario no norte.
Leave a comment